O primeiro donut enviado ó espazo

Foi, talvez, un diminuto paso na carreira espacial, pero un gran salto para os donuts. Os irmáns suecos Alexander e Benjamin Jönsson levaban varios meses planificando este lanzamento. “Vimos que a xente enviou todo tipo de cousas antes, pero até hoxe ninguén enviara un donut ó espazo. Entón, pensamos, e por que non?”, comentaron.

Para o lanzamento decidiron desplazarse desde o municipio de Lysekil (Suecia), onde viven, até a veciña Noruega. O motivo, económico. Segundo os propios responsables do lanzamento, obter o permiso de voo en Suecia teríalles custado uns 1.200 euros, pero en Noruega o experimento saíulles de balde

Publicidade

O lanzamento do donut fíxose desde a localidade de Askim cun globo meteorolóxico que elevou a doce rosquilla, cuberta de amorodo e chocolate, á estratosfera, chegando a unha altura de 32 km sobre a superficie da Terra para, finalmente, descender e caer ao mar, onde, coma se dun astronuata se tratase, o donut foi rescatado por un barco.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.