As mulleres do espazo

A historia da carreira espacial está escrita tamén por mulleres que contribuíron dun xeito decisivo á conquista do espazo e das melloras tecnolóxicas. Para iluminar o seu traballo, a Axencia Espacial Europea (ESA) pon en marcha o proxecto Space Girls Space Women, co que se rinde tributo ás mulleres cuxa paixón polo espazo exterior pode ser un modelo a seguir para moitas mozas que podan pensar ou se lles di que a ciencia e a tecnoloxía son cousa do sexo masculino.

Para poñer en marcha este proxecto, o Departamento de Comunicación da ESA asociuse coa axencia fotográfica francesa Sipa Press para traernos 19 historias en fotos e vídeos, en clave feminina, que amosan tres xeracións de mulleres relacionadas co espazo: estudantes, científicas, enxeñeiras e moitas máis que están no corazón da aventura espacial, desde Nairobi a Moscú, desde Bangalore a Múnich, desde o deserto de Atacama ás aforas de Izmir.

Publicidade

O resultado é unha exposición marabillosa que percorrerá o mundo, así como unha aplicación multimedia para teléfonos intelixentes e tabletas na App Store de Apple para iOS e en Google Play para Android, ademais dunha páxina web con entrevistas, fotografías e vídeos. O acceso á exposición e a descarga da aplicación son gratuítos.

A primeira parada da exposición itinerante é París, no Musée des Arts et Métiers (CNAM) e L’Observatoire, desde o 18 de xuño até o 1 de novembro de 2015.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.