Xoves 28 Marzo 2024

Os petróglifos de Campo Lameiro proban un novo método de reconstrución 3D

Investigadores da área de Prehistoria e Arqueoloxía da Universidade de Santiago desenvolveron AsTrend, unha nova metodoloxía de posprocesado informático realizada sobre software libre e cunha cámara fotográfica para a reconstrución en 3D de petróglifos, inscricións ou gravados megalíticos. Na actualidade está sendo testada en petróglifos de Campo Lameiro así como en inscricións do Museo do Pobo Galego. Miguel Carrero Pazos, Alia Vázquez Martínez e Benito Vilas Estévez son os responsables deste desenvolvemento que axudará a obter “un rexistro máis exacto dos gravados”.

O equipo da Universidade de Santiago encargado do deseño da ferramenta
O equipo da Universidade de Santiago encargado do deseño da ferramenta

O proceso, explican os investigadores, parte do traballo cun escáner 3D ou cunha metodoloxía de baixo custe denominada fotogrametría de obxecto cercano e “baséase na creación dun modelo tridimensional a partir de series de fotografías  que se poden tomar con cámaras convencionais”. O que diferenza o proceso desenvolvido polos investigadores da USC de traballos previos similares “é unha mellora no posprocesado, resaltar as concavidades e convexidades do modelo 3D para ler mellor os seus gravados”. Como explica Miguel Carrero “ata agora existían achegas que, de diferente forma, xogaban con sombras artificiais para poder ver mellor os motivos”, se ben a nova proposta “utiliza as visualizacións típicas da tecnoloxía LiDAR para exaltar detalles”. O resultado é “un rexistro dos gravados moito máis exacto”, aínda que advirten “non debe ser visto como unha superación do calco tradicional, senón como un complemento”.

O sistema crea un modelo tridimensional a partir dunha serie de fotografías tiradas con cámaras convencionais

A proposta deste equipo atópase en vías de publicación e será presentado no Computer Applications and Quantitative Methods in Archeology, en 2016 en Oslo, o principal congreso internacional sobre novas tecnoloxías aplicadas á Arqueoloxía, no que os investigadores da USC agardan unha boa acollida.
AsTrend forma parte do proxecto de investigación Documentación fotográfica dos motivos de cérvidos de Campo Lameiro: prospección arqueolóxica superficial que dirixe o profesor de Prehistoria e Arqueoloxía Antón A. Rodríguez Casal, coa colaboración do catedrático da mesma área Ramón Fábregas Valcarce. Esta liña continua os traballos iniciados nos anos 90 polos profesores Antón A. Rodríguez Casal e Lorenzo Gómez González, este último da Facultade de Física, sobre técnicas de reconstrución fotogramétrica aplicadas ao estudo de petróglifos.
O actual equipo de investigadores está comparando os resultados da metodoloxía cos métodos tradicionais de rexistro, principalmente en petróglifos, liña de investigación con gran tradición no equipo do profesor Ramón Fábregas.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Illa de Tambo, un tesouro arqueolóxico por descubrir: “Os achados apuntan a un complexo ermitán”

A Xunta deu permiso para desbrozar en San Fagundo, o punto máis alto de toda a illa. De momento atopáronse unha capela e restos do que podería ter sido outro inmoble

Arqueoloxía explicada a un científico e público interesado

O investigador Felipe Criado Boado, director do Instituto de Ciencias do...

Un estudo da UVigo atopa en Etiopía os restos de Homo erectus máis antigos do mundo

Sitúan por primeira vez a aparición destes homínidos e da tecnoloxía achelense hai dous millóns de anos

Así se conserva o ‘Titanic’ galego: “Parece que se afundiu onte”

O obxectivo da investigación Ría de Viveiro I é comprender como vivían as entidades poboacionais e a influencia do mar na súa evolución