Así foi a violenta erupción do volcán de Guatemala

A erupción do volcán de Fuego, que tivo lugar este domingo ao sur de Guatemala, deixou estas espectaculares imaxes. Segundo o Instituto Nacional de Sismoloxía, Vulcanoloxía, Meteoroloxía e Hidroloxía, é a maior erupción dos últimos anos. A cinza expulsada acadou os 10.000 metros de altura sobre o nivel do mar. O suceso, provocou ata o de agora 25 persoas falecidas, 20 heridas e 1.700.000 afectados.

Neste ano, a primeira erupción do volcán de Fuego, situado entre Escuintla, Sacatepéquez e Chumaltenango, foi en xaneiro. O volcán, de 3.763 metros, ocasionou en setembro de 2012 a última emerxencia por erupción en Guatemala. Naquela ocasión deixou columnas de cinza de máis de 6.000 metros de alto. Estas obrigaron a evacuar a 3.000 persoas foron evacuadas e a pechar o aeroporto.

Publicidade

Dende as alturas, obsérvase na imaxe o volcán que erupcionou en Guatemala por segunda vez no presente ano
Imaxe de satélite do volcán de Fuego, á esquerda, e a localidade de El Rodeo (sinalada en vermello) que foi arrasada pola erupción deste domingo en Guatemala.

A erupción deste domingo tornouse espectacular en torno ao mediodía. A chuvia de cinza orixinou un espesor de entre dous e cinco centímetros. Esta chegou a varias provincias do país. Dúas das principais estradas de Guatemala, a ruta Panamericana e a que conduce ao Pacífico, presentan problemas para a circulación.

As autoridades informan de que a curto prazo espéranse numerosos riscos. Entre eles, a contaminación da auga potable nas zonas afectadas pola cinza ou a posibilidade de que as drenaxes colapsen pola arena arrastrada polas chuvias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.