O vídeo que cambiará a túa perspectiva sobre a rotación da Terra

Un timelapse do astrofotógrafo Aryeh Niremberg enfocado cara á Vía Láctea amosa como o planeta se move polo espazo e xira sobre si mesmo

Quen asistiu a aulas de Física sabe que o movemento é sempre relativo, xa que depende do sistema de referencia que decidimos establecer. Acontece tamén en moitos aspectos da vida, nos que ás veces compre poñerse nos zapatos dos demais para comprender mellor determinadas decisións. O ser humano, preocupado en moitas ocasións polos seus problemas cotiás, adoita esquecer que é un ínfimo gran de area na inmensidade do universo. E esquécese de cousas como que a rotación e a traslación da Terra poden verse claramente se miramos unha noite cara ao ceo, aínda que nós non o poidamos notar.

Isto foi o que quixo demostrar o astrofotógrafo Aryeh Nirenberg, nun vídeo en formato de timelapse publicado en 2017 en Youtube, e que desde entón acumula máis dun millón de reproducións. A decisión que converte o vídeo en abraiante é tan sutil como un lixeiro cambio de perspectiva. En vez de manter o obxectivo da cámara en función da superficie do planeta, enfocou cara a Vía Láctea. Mentres o ceo se mantiña ‘inmóbil’ respecto ao observador, a superficie da Terra experimentaba unha notable rotación, ata que a Vía Láctea se ve ‘tapada’ polo horizonte. O vídeo dura en total unhas tres horas e está gravado a intervalos de 12 segundo.

A sensación é sen dúbida, fascinante. Podemos imaxinar mentres vemos o movemento de rotación como todo o planeta, cos seus millóns de seres vivos montados nel, está xirando a través do espazo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.