O vídeo da NASA en 4k do tránsito de Mercurio

A axencia espacial publica as espectaculares imaxes dun fenómeno que non volverá repetirse ata o ano 2034

A NASA publicou hoxe un espectacular vídeo en 4K co tránsito do planeta Mercurio, un fenómeno que vivimos este luns 11 de novembro e que non volverá repetirse ata o ano 2032.

Este acontecemento astronómico acontece cando a nosa estrela, o planeta que adoita orbitar máis preto dela e a Terra coinciden no mesmo plano; nese momento, unha minúscula sombra, bastante máis pequena que as manchas solares, percorre o astro rei durante horas.

O de 2019 foi o último tránsito de Mercurio ata 2032, despois de que o anterior se producira en maio de 2016. Maio e novembro son os meses nos que acontece este fenómeno, xa que é cando a órbita da Terra e Mercurio se poden cruzar deste xeito. A periodicidade adoita ser de 3, 7, 10 ou 13 anos. A primeira vez que se observou foi en novembro de 1631, por Pierre Gassendi, despois das predicións realizadas por Johannes Kepler.

O tránsito é un momento moi importante para astrónomos de todo o mundo, xa que permiten tomar datos relevantes para coñecer o planeta que adoita orbitar máis próximo ao Sol, como a composición da súa exosfera. No pasado, nos siglos XVIII ou XIX, organizábanse expedicións internacionais para medir a duración dos tránsitos desde diversos puntos da Terra e determinar, deste xeito, a distancia ao Sol.

Na actualidade, os tránsitos de astros por diante da súa estrela son o principal método que utilizan os astrónomos de todo o mundo, a través de potentes telescopios, para atopar planetas fóra do sistema solar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.