Sábado 20 Abril 2024

[VÍDEO]: En directo o primeiro voo do helicóptero ‘Ingenuity’ en Marte

A NASA tenta esta mañá facer voar a primera nave motorizada sobre a superficie doutro planeta

Despois dunha serie de atrasos, o primeiro voo con motor que se realiza noutro planeta está xa listo. Espérase que o helicóptero Ingenuity da NASA se eleve aos ceos marcianos hoxe ás 03:30 am EDT (as 12.15 horas en España) e que envíe os primeiros datos sobre a súa aventura unhas horas máis tarde.

O enxeño chegou ao planeta vermello en febreiro, atado ao ventre do rover Perseverance durante unha épica viaxe de 471 millóns de quilómetros. Este mini-helicóptero, o primeiro do seu tipo, supón o fito de tentar un voo propulsado na delgada atmosfera marciana.

Publicidade

Ingenuity é un pequeno helicóptero robótico ubicado en Marte desde o 18 de febreiro de 2021. É a primeira aeronave en Marte e está destinada a realizar o primeiro voo atmosférico motorizado e totalmente controlado, desde o despegamento ata a aterraxe, en calquera planeta máis aló da Terra.

Ingenuity, que pode viaxar ata 50 m e logo regresar á área de inicio, utilizará un control autónomo durante os seus curtos voos, que sonplanificados e programados de xeito telerrobótico polos operadores do JPL Laboratory en Pasadena, nos Estados Unidos.

Como anécdota, o trebello leva un anaco de tea da á do Wright Flyer de 1903, o avión dos irmáns Wright , o primeiro voo motorizado controlado da humanidade na Terra. O nome do Ingenuity foi elixido por alumnos dun instituto de educación secundaria nos Estados Unidos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Un equipo da UVigo demostra a viabilidade de ir a Marte con propulsión solar

Investigadores do campus de Ourense presentan o deseño preliminar dun satélite e proban a superiorade deste novo sistema