Este é o vídeo máis antigo dunha eclipse solar, en 1900, que acaba de ser recuperado

A Royal Astronomical Society e o British Film Institute colaboran na restauración das imaxes tomadas polo cineasta e mago Nevil Maskelyne

En maio de 1900, unha expedición da Asociación Astronómica Británica viaxou ata Carolina do Norte (Estados Unidos) para tomar imaxes dunha eclipse solar. Era a segunda vez que Nevil Maskelyne, un mago convertido en cineasta, intentaba capturar este fenómeno. Xa o fixera en 1898 na Indial pero roubáronlle a película na viaxe de volta a casa.

119 anos despois daquel fito, e coincidindo tamén cos 100 anos da eclipse solar que axudou a Einstein a confirmar a súa teoría da relatividade, a Royal Astronomical Society e o British Film Institute (BFI) uniron forzas para restaurar e editar o fragmento orixinal cunha calidade de 4K, grazas ao traballo de expertos en conservación. Fotograma a fotograma, volveron montar a película sobre a eclipse solar e puxérona a disposición de todo o mundo a través da rede.

A eclipse solar foi gravada o 28 de maio de 1900 en Carolina do Norte

Nevil Maskelyne, cineasta que gravou a eclipse solar en 1900.
Nevil Maskelyne, cineasta que gravou a eclipse solar en 1900.

A fazaña de Nevil Maskelyne (non confundir co famoso astrónomo, que chegou a ser director do Observatorio Real de Greenwich un século antes) tivo unha gran complexidade técnica, xa que debiu construír un adaptador telescópico especial unido á súa cámara para poder captar con precisión a ocultación do Sol detrás da Lúa. Naquela época, era habitual que os afeccionados á ciencia e á tecnoloxía compartisen tamén unha atracción polo paranormal e o espiritual.

Co gallo do redescubrimento da eclipse solar filmada por Maskelyne, o presidente da  Royal Astronomical Society, Mike Cruise, declarou: “É marabilloso ver como os acontecementos do noso pasado científico volven á vida. Os astrónomos están sempre dispostos a adoptar as novas tecnoloxías, e os nosos devanceiros de hai un século non eran unha excepción. Estas escenas dunha eclipse solar total, unha das imaxes máis espectaculares na astronomía, son unha cativadora mirada da ciencia victoriana en acción”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.