Venres 29 Marzo 2024

[VÍDEO] O espectacular adianto da viaxe aos aneis de Saturno

O audiovisual da NASA foi realizado con imaxes tomadas pola sonda Cassini, tratadas dixitalmente, que formarán parte dun novo documental

Como sería achegarse a Saturno nunha nave espacial? Non é necesario imaxinalo: a nave espacial Cassini fixo exactamente isto no ano 2004, gravando milleiros de imaxes no camiño e centos de miles máis dende que entrou en órbita.

Algunhas das primeiras imaxes de Cassini axustáronse dixitalmente, compilando este vídeo, que é parte dun proxecto de película IMAX que se vai titular ‘Nos aneis de Saturno’ (In Saturn’s Rings).

Publicidade

Na secuencia final, Saturno faise cada vez máis grande a medida que se achega ao satélite Titán. Con Saturno dando voltas ao fondo da panorámica, Cassini voa sobre a lúa Mimas, co gran cráter Herschel claramente visible.

Os maxestosos aneis de Saturno fanse cargo do espectáculo cando Cassini cruza o plano. As sombras escuras do anel aparecen claramente. Finalmente, a enigmática lúa Encelado, co seu o géiser de xeo, parece na distancia para achegarse cando remata o videoclip.

Despois de máis dunha década de exploración e descubrimento, a nave espacial Cassini quedou sen combustible no ano 2017 e foi dirixida a ingresar na atmosfera de Saturno, onde seguramente se desintegrou.

Se tes curiosidade, a música é o célebre ‘Adagio para cordas’ de Barber.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón

O galego aos mandos da dinámica orbital da NASA: “O espazo parecíame ciencia ficción”

Andrés Dono entrou na administración espacial americana con 24 anos para facer unhas prácticas. Unha década despois lidera o equipo que deseña a traxectoria dos satélites

Begoña Vila: “Atoparemos probabilidades de vida noutro planeta”

Co gallo do décimo aniversario de Gciencia, a astrofísica da NASA analiza a divulgación dos achados cósmicos e a busca de vida intelixente