Xoves 18 Abril 2024

[VÍDEO] A espectacular manobra de dous hidroavións en Aldán

As aeronaves realizaron esta tarde unha abriante operación para coller auga para sufocar o incendio en Punta Couso, na península do Morrazo

Unha abraiante manobra de dous hidroavións de extinción de incendios na ría de Aldán esta tarde, no operativo contra o lume declarado moi preto dunha urbanización en Punta Couso, no Morrazo.

Os hidroavións amerizan case simultáneamente, nunha arriscada operación na que chegan a estar moi próximos mentres recollen auga do mar na ría de Aldán para sofocar o lume.

Publicidade

É a segunda vez que arde Punta Couso despois de que o sábado outro lume devorara cinco hectáreas. Durante a noite do sábado e durante todo o domingo os bombeiros da Xunta ocupáronse de arrefriar ben a zona e mesmo este luns pola mañá examinaron a zona, sen que se advertise perigo. Con todo, ás 16:44 horas, con vento do norte, o incendio volveu reproducirse, ameazando a urbanización de 16 vivendas unifamiliares.

Nesta ocasión, o incendio saíu fóra da urbanización nunha lingua de lume de 2.000 metros. Ao redor das 18.30 horas considerouse controlado, grazas a operacións como a que observamos neste abraiante vídeo dos dous hidroavións en acción.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa forestal de Galicia para loitar contra os incendios

A investigadora Laura Alonso propón a creación dun inventario específico para non depender do español, que está desactualizado e non ten en conta o minifundio galego

O incendio de Tenerife e outros fenómenos: cantos identificas nesta imaxe da NASA?

O organismo estadounidense capta dende o espazo o fume dun lume que xa deixa 1.800 hectáreas queimadas na illa canaria

A natureza ábrese paso na Serra do Courel, arrasada polo lume hai un ano

Os expertos subliñan a necesidade de definir unha estratexia de recuperación do monte consensuada cos propietarios da terra

Tres turistas entran en Cova Eirós e provocan un incendio de 5.000 metros no monte

É o xacemento de arte rupestre máis antigo de Galicia, que logrou salvarse grazas á colaboración dos veciños que deron a alerta do lume