Un tiburón peregrino en Louro

O submarinista audiovisual Xaime Beiro tivo canda un grupo de compañeiros un inesperado encontro cun tiburón peregrino (Cetorhinus maximus) en augas galegas, en concreto, na costa de Louro, parroquia de Muros (A Coruña). O exemplar novo, de tan só uns 3 metros (pode chegar a 10-12m), foi gravado mentres se alimentaba filtrando plancton. Despois duns 20 minutos buceando preto del, o equipo deixou ó tiburón peregrino proseguir o seu camiño mar aberto.

Os avistamentos de tiburóns peregrinos non son moi comúns en Galicia, pero si se teñen rexistrado varias visitas desta especie nos últimos anos. Trátase dun dos tiburóns máis espectaculares e misteriosos de cantos existen. De feito, é o segundo peixe máis grande do océano, por detrás do tiburón balea (Rhincodon typus), que pode acadar os 21 metros de lonxitude. O Cetorhinus pode excepcionalmente superar os 12 metros e as 7 toneladas e móvese principalmente en augas frías entre os 6º e os 16º C nas franxas norte e sur do Atlántico e do Pacífico.

Esta gravación supón un acontecemento excepcional nos avistamentos de tiburóns peregrinos en Galicia.

2 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.