Un parapléxico consegue camiñar grazas á estimulación eléctrica

Un home de 29 anos, parapléxico desde 2013 despois de sufrir un accidente nunha moto de neve, conseguiu poñerse en pé e camiñar grazas á estimulación da médula espiñal e a fisioterapia. O avance, acadado por investigadores da clínica Mayo e a universidade de California, presentouse nun artigo da revista Nature Medicine. É o primeiro caso no que se consegue recuperar un movemento de forma independente nun ser humano con parálise completa da parte inferior do corpo despois dunha lesión na médula espiñal.

O estudo botou a andar en 2016, con 22 semanas de terapia física. Máis adiante, os investigadores implantáronlle mediante cirurxía un eléctrodo na zona epidural, a parte externa da canle espiñal, por debaixo de onde se producira a lesión. Este eléctrodo estaba conectado a un dispositivo, situado baixo a pel do abdome do paciente, que que se comunicaba mediante pulsos, de forma inalámbrica, cun controlador experto.

Publicidade

Implantáronlle un eléctrodo por debaixo da zona lesionada e conectouse a un dispositivo externo

Despois de finalizar a recuperación da cirurxía, o paciente parapléxico volveu coas sesións de rehabilitación e axustes de estimulación, que se prolongaron durante 43 semanas. E xa o ano pasado, comezaron as sinais esperanzadoras. Viuse que o home podía ficar de pé e dar pasos voluntariamente mentres estaba suspendido nun arnés, dúas semanas despois de ter activado o estimulador.

Durante 113 sesións de rehabilitación, os científicos axustaron a configuración da estimulación, a asistencia do adestrador, o soporte do arnés e a velocidade da cinta de correr para permitir a súa máxima independencia. E así, a nvestigación demostrou que o paciente podía camiñar sobre o chan cun andador con rodas dianteiras e pisar unha cinta de correr, colocando os brazos sobre as barras de soporte para axudar a manter o equilibrio. Con todo, cando a estimulación foi desactivada, o home permaneceu paralizado. Ao comezo, con todo o participante usou un arnés para reducir o risco de caídas e para proporcionar equilibrio na parte superior do corpo.

Os adestradores colocáronse de xeonllos para axudalo a poñerse de pé, balancear as pernas e cambiar o seu peso. Debido a que o home non recuperou a capacidade de sentir nesa zona, usáronse espellos para ver as súas pernas e os instrutores describiron a posición delas, o movemento e o equilibrio. Na semana 25 xa non necesitaba un arnés, e os adestradores só ofrecían axuda ocasional. Ao final do período de estudo, o home aprendeu a utilizar todo o seu corpo para transferir peso, manter o equilibrio e propulsarse cara a adiante, o que apenas requiría mínimos sinais verbais e miradas periódicas ás súas pernas.

Así, a estimulación eléctrica da médula espiñal demostrou ter potencial terapéutico en humanos, ao facilitar contraccións musculares voluntarias. Mesmo pode permitir que os pacientes se poñan de pé. Neste caso, o estimulador conseguiu ademais que as neuronas recibisen o sinal de se o paciente quería pararse ou dar un paso.

O paciente recibiu sesións de rehabilitación durante un ano, tempo no que logrou percorrer unha distancia total de 102 metros (aproximadamente a lonxitude dun campo de fútbol). O home deu 331 pasos e camiñou 16 minutos con asistencia a unha velocidade de 0,20 metros por segundo. “As redes neuronais implicadas nunha lesión da médula espiñal aínda poden funcionar despois da parálise”, explica Kendall Lee, investigador principal, neurocirurxián e director do Neural Engineering Laboratories da Clínica Mayo. “Agora comeza o verdadeiro desafío. Hai que comprender como sucedeu este avance, por que e que pacientes responderán”, engade Kristin Zhao, investigadora principal e directora do Laboratorio de Tecnoloxía Restaurativa e de Asistencia do Clínica Mayo.

Máis casos

Ademais, segundo recolle The Washington Post, outra moza de 23 anos, Kelly Thomas, recuperou a mobilidade despois de sufrir hai catro anos un accidente de coche que a deixou en cadeira de rodas. O avance, neste caso, foi publicado polo New England Journal of Medicine, por investigadores da universidade de Louisville.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.