Sábado 20 Abril 2024

Un novo videoconsello para evitar gripes, catarros e pneumonías

Un novo videoconsello elaborado polo Colexio e Fisioterapeutas de Galicia (Cofiga). Tal e como explican, durante o trascurso destas enfermidades propias do inverno pódense producir tanto problemas respiratorios (tose, expectoración, conxestión nasal) como tamén doenzas musculares e das articulacións, que poden facer aínda máis pesado un proceso de recuperación que na maioría dos casos adoita durar entre sete e dez días.

Para evitar algunhas destas doenzas derivadas da gripe, o catarro ou a pneumonía, os fisioterapeutas recomendan realizar exercicios respiratorios diafragmáticos e da grella costal, que nos permitan  expectorar, controlar a tose e activar e relaxar a musculatura inspiradora e  espiradora.

Publicidade

Aconsellan ademais levantarse e camiñar pola casa frecuentemente, para evitar que se incremente a dor nas articulacións. “Durante estes procesos transitorios pasamos moitas horas na cama ou no sofá, polo que movernos, cambiar de postura, e mesmo dar pequenos paseos pola casa, pode axudarnos a evitar a dor de costas, especialmente na zona lumbar”, explican os fisioterapeutas.

Doutra banda, tamén resulta de gran axuda realizar movementos de flexión, extensión e abdución cos brazos, así como co pescozo, alternando rotacións de dereita a esquerda, cara arriba e cara abaixo. Estes exercicios, realizados en series de seis, en secuencias de 30 segundos, durante catro veces ao día, son de gran axuda á hora de evitar outros posibles problemas derivados.

Por último, os fisioterapeutas recomendan reincorporarse de forma progresiva ás actividades habituais e acudir á consulta do fisioterapeuta se persisten as dores de costas ou a dificultade respiratoria, propia destes procesos estaciones, unha vez superados.

Campaña ‘12 meses, 12 consellos de saúde’

O Colexio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) participa na campaña ‘12 meses, 12 consellos de saúde’ que leva a cabo a nivel nacional, e na que tamén están implicados os colexios profesionais de fisioterapeutas de Cataluña, Comunidad de Madrid, Comunidade Valenciana, Navarra e País Vasco.

O seu obxectivo sensibilizar á poboación sobre a importancia de adoptar hábitos saudables para previr lesións musculo-esqueléticas a través de pequenos curtos de animación que se difunden con periodicidade mensual.

Os fisioterapeutas inciden con esta campaña na súa vocación de servizo público á poboación, contribuíndo de forma continuada ao asesoramento á comunidade en temas relacionados coa promoción e a defensa da saúde e resaltando ao mesmo tempo que unha das funcións fundamentais da Fisioterapia e dos fisioterapeutas é a prevención e non unicamente o tratamento de lesións e/ou enfermidades.

CoFiGa

CoFiGa é unha institución que representa a nivel autonómico aos máis de 2.600 fisioterapeutas que exercen na nosa comunidade. Os seus obxectivos son a salvaguarda dos principios deontolóxicos e ético-sociais da Fisioterapia, a defensa e a promoción da saúde e o benestar dos cidadáns de Galicia en colaboración cos poderes públicos, así como a promoción a nivel científico, cultural, económico e social dos fisioterapeutas colexiados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Ascenden a 57 os falecidos por gripe en Galicia

O último informe do Sergas confirma a tendencia á baixa da incidencia nas catro provincias

Por que aumentan as infeccións respiratorias agudas en España?

Estamos xusto no momento do incremento da curva da gripe que este ano coincidiu co Nadal e o aumento dos contactos sociais

Último balance da gripe en Galicia: case 900 ingresados e 42 en UCI

As hospitalizacións por virus respiratorios diminúen pero aínda se sitúan en 163 para o virus sincitial e en 181 para a covid

O pico de gripe en Galicia adiántase á semana de Reis: “Estamos no punto de maior incidencia”

Segundo os últimos datos do Sergas, o número de persoas ingresadas polo virus respiratorio é de 904, dos que 42 están en UCI