A táboa periódica, tamén en galego

Desde hai nove anos, os docentes do ensino medio en Galicia conmemoran en novembro o Día da Ciencia en Galego. Outras entidades, como o CSIC e as universidades, súmanse tamén con cadansúas iniciativas a esta actividade. Este ano, unha das primeiras iniciativas expúxoas o colexio Lestonnac de Ferrol. A través do seu departamento de Dinamización da Lingua Galega, alumnos e alumnas do centro colaboraron na elaboración dun vídeo no que enumeran os elementos da táboa periódica co seu nome en galego.

Este ano, a celebración desta data xira arredor da cultura científica e a cultura galega como patrimonio cultural europeo. Neste sentido, divulgarase a vida e a obra de Arquímedes e o Mestre Mateo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.