A surfeira brasileira Maya Gabeira, de 31 anos, rompeu un novo récord Guinness: é a muller que surfeou a onda máis grande na historia. Tras a súa participación na liga Mundial de Surf (WSL), Gabeira foi galardoada co premio á Onda Maior Feminina XXL, por coller coa súa táboa unha onda de 20’72 metros o pasado 18 de xaneiro en Nazaré, Portugal. O seu éxito foi agora certifiado polo récord Guinness.
A brasileira venceu así os seus propios medos. Fai cinco anos sufriu un accidente nesta zona. “Establecer o récord mundial foi o meu soño durante moitos anos”, apuntou Gabeira, “despois do accidente de Nazaré en 2013, era un soño moi difícil. Custou moito traballo ter unha tempada como a do ano pasado, estar ao 100% de novo”.
Pero no éxito deste récord está tamén a natureza da famosa onda xigante de Nazaré, en Portugal. Trátase dun fenómeno único no mundo, que ten a súa propia explicación científica. E que contamos neste audiovisual de GCiencia: