Situación límite en Baldaio

O aumento do nivel da auga e o taponamento da entrada do mar fan patente a mortandade de peixes e asolaga a zona próxima á marisma

A situación empeora na lagoa de Baldaio e acada un punto límite para algunhas das especies que se nutren do ecosistema, un dos humidais litorais máis relevantes de Galicia. O peche da canle que une a marisma coa auga do mar en función das mareas, atoada desde unha sucesión de temporais a finais de 2019, está reducindo a salinidade da auga e provoca un aumento da mortalidade dalgunhas especies de peixes, así como unha situación difícil para algunhas especies vexetais que medran á beira da lagoa e que na actualidade se atopan mergulladas.

Desde o punto de vista humano, o nivel da auga, que está acadando alturas moi poucas veces vistas polos veciños da zona de Baldaio, chega xa a algunhas vivendas e terreos próximos á marisma e podería causar problemas maiores. Á espera das obras anunciadas para abrir a canle por parte da Xunta de Galicia, a turbidez da auga é patente.

Baldaio: último capítulo dunha historia de desfeitas

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.