Sábado 20 Abril 2024

Sete minutos baixo as augas das Illas Atlánticas

O mergullador Pedro Alonso percorre nunha nova entrega audiovisual a vida submarina do Parque Nacional

Aínda que moi pouca xente baixa a velos, os fondos mariños da costa galega non teñen que envexar, cando as condicións do mar o permiten, a algúns dos destinos turísticos que destacan pola súa oferta de experiencias submarinas. Así o demostran os traballos do mergullador Pedro Alonso, un experto coñecedor das profundidades do litoral de Galicia.

Nunha nova obra publicada esta semana, Alonso amosa, durante sete minutos, a rica flora e fauna que todos os días vive nas augas do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Desde as pradeiras de algas ata os cabaliños de mar, pasando por especies de peixes como os sargos ou as robalizas.

Publicidade

Aquí podes ver outros dos traballos de Pedro Alonso:

O espectáculo de luz e cor do choco nas rías galegas

Os vídeos ‘Rías de Vida’ amosan a beleza submarina de Galicia

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Así é como unha cría de polbo trata de camuflarse nas profundidades das Cíes

O biólogo mariño Jorge Urcera captura a imaxe dun individuo que levanta dous dos seus tentáculos para facerse pasar por unha alga

O Parque Nacional das Illas Atlánticas repite este verán como destino turístico ‘Starlight’

A programación inclúe intervencións diúrnas e nocturnas que buscan introducir aos visitantes na exploración de estrelas, meteoritos e outros corpos celestes

Praia do Castelo, a importancia da conservación

Dende este pequeno espazo desfrutaremos dunhas impoñentes vistas dos illotes que conforman todo o arquipélago

Faro de Ons, a torre que salvou vidas

Está situado a 128 metros sobre o nivel do mar e data do ano 1926