A sonda Rosetta grava unha explosión no cometa ‘Chury’


Durante unha serie de observacións a principios deste ano, a sonda Rosetta capturou inesperadamente unha espectacular emisión no cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko o 19 de febreiro. Segundo os expertos, o estalido podería ser provocado por un deslizamento de terra.

Cando ocorreu a explosión, nove dos instrumentos de Rosetta, incluídas as súas cámaras, colectoras de po e analizadores de gas e plasma, vixiaban no cometa a uns 35 km de distancia.

“Ao longo do pasado ano, Rosetta demostrou que, aínda que a actividade que provocan pode prolongarse, estas emisións son altamente impredicibles, polo que capturar un evento así foi cuestión de sorte”, comenta Matt Taylor, científico do proxecto Rosetta da Axencia Espacial Europea, que informa agora do suceso.

“Deu a casualidade de que, nese momento, a maioría dos instrumentos apuntaban ao cometa e, agora, todas esas medicións simultáneas ofrécennos os datos máis completos xamais recollidos sobre unha emisión”, conclúe Taylor.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.