Venres 19 Abril 2024

O vídeo que recolle a riqueza xeolóxica de Galicia

O proxecto Xeoclip publica como agasallo de Reis unha escolma das imaxes tomadas durante o 2019 para a súa plataforma de divulgación

É complicado recoller en tan pouco tempo a relevante diversidade xeolóxica de Galicia. Pero o equipo de Xeoclip conseguiuno. O proxecto educativo e divulgativo desenvolvido por varios profesores e profesoras de ensino público (Xacobo de Toro Cacharrón, Rocío Romar Roel, Alberto Fortes Novoa e Fernanda Molto Roibal) acaba de publicar, como agasallo de Reis, unha escolma das imaxes tomadas durante o 2019 das máis espectaculares paraxes do país.

As imaxes, tomadas desde dron, e cos permisos pertinentes de voo en medio ambiente, serán utilizadas como contidos para a divulgación xeolóxica nas aulas. Na imaxe aparecen espazos como O Cebreiro, a serra do Courel (con lugares como o pregamento de Campodola-Leixazós e a lagoa glaciar da Lucenza), a Ribeira Sacra, as Fragas do Eume, as fervenzas da Toxa e do Ézaro, a praia das Catedrais, os cantís de Vixía Herbeira, a punta da Barca, as lagoas da Frouxeira, Traba ou Louro, a ría de Ortigueira, a praia de Carnota, o monte Pindo, a duna do Monte Branco, os coídos de Trece, os penedos de Pasarela e Traba ou Punta Nariga, entre outros.

Publicidade

6 COMENTÁRIOS

  1. Con todo el cariño; llevo 7 años como piloto/operador de dron y si, ya aburren estos planos. No transmiten nada, si voy a volar quiero volar rápido, a ras de suelo. Si vas a volar enséñame lo que quiero ver, hazme sentir vértigo, velocidad….el dron es aburrido, queremos volar.

    • Aitor, entendo o teu punto de vista e ata podo compartilo para outro tipo de traballo, pero este vídeo é educativo e de divulgación da paisaxe e a xeoloxía. Deben verse unidades estruturais xeolóxicas que precisan perspectiva e altura que dificilmente se verían a ras do chan. Tamén deben ser planos lentos para que se poidan apreciar os mesmos .
      Estos planos fixémolos tendo en mente as vídeoleccións XeoCLip que van encamiñadas ao alumnado e á divulgación. Anímote a botar unha ollada, e verás a necesidade de facer isto así.
      https://www.youtube.com/watch?v=1YPm4EJd6Q4&list=PLLsjKUtAEuKMp_UI4XINTy2cPjDJxFESR
      Unha aperta e vémonos polo ceo adiante.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península

Unha trintena de casos de dengue en Portugal: debemos preocuparnos en Galicia?

O mosquito tigre, vector da enfermidade infecciosa, detectouse por primeira vez no territorio galego no verán de 2023