Xoves 18 Abril 2024

A primeira animación médica en 8K, realizada por unha clínica da Coruña

A Clínica Pardiñas publica na súa canle de Youtube un vídeo sobre os problemas de boca seca cun nivel de detalle con poucos precedentes

A Clínica Médico Dental Pardiñas, con sede na Coruña, difundiu nos últimos días a que é a primeira animación médica en tres dimensións con calidade de 8K. Na súa canle de Youtube, que foi recoñecida por esta rede social como a máis visitada no eido da odontoloxía en todo o mundo, con pezas en máis dunha decena de idiomas, deu un novo e importante paso co vídeo que se pode ver sobre estas liñas. Este nivel de calidade de imaxe, que xa está xerando unha revolución no mundo audiovisual, achega unha resolución de 8.000 píxeles no ancho da pantalla, o que permite obter un enorme nivel de detalle.

O problema da boca seca

O vídeo en 8K describe o problema da boca seca, tamén chamado xerostomía, un sinal do que pode ser un trastorno médico, ou nalgúns casos, o efecto secundario de certos medicamentos. “A saliva é a principal defensa da boca contra a carie dental; mantén a saúde dos tecidos, degrada os alimentos e outros refugallos, neutraliza os ácidos producidos polas bacterias na boca e proporciona substancias que combaten enfermidades en toda a boca”, explica Simón Pardiñas, director da clínica.

Publicidade

Entre as causas da xerostomía están os efectos de antihistamínicos, desconxestionantes, analxésicos, diuréticos e moitos outros, os tratamentos de quimioterapia ou radioterapia, así como patoloxías como a síndrome de Sjogren, un trastorno autoinmune crónico no que o sistema inmunitario do corpo ataca por erro as súas propias glándulas produtoras de saliva e bágoas, así como outros órganos. Sen saliva, as caries poden avanzar dunha maneira moi rápida.

Ao non dispoñer do mecanismos de protección que ofrece a saliva, coa boca seca poden desenvolverse problemas como a dor de gorxa constante, sensación de ardor, dificultade para falar, dificultade para tragar, ronqueira ou secura nas fosas nasais.

Neste sentido, segundo apunta Simón Pardiñas, os odontólogos poden recomendar “varios métodos para restaurar a humidade, como os caramelos ou goma de mastigar sen azucre, que estimulan o fluxo de saliva, e a humidade pódese substituír mediante o uso de saliva artificial e enxaugues orais. Ademáis, é recomendable acudir con regularidade ao dentista para descartar posibles problemas nos dentes e tecidos moles”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Falsas expectativas no dentista e ‘fake news’: que esperar dun tratamento dental

Antes de calquera vinculación profesional, dentista e paciente deben ter claro ata que punto pode ser efectivo un determinado tratamento

Os riscos do ‘piercing’ na boca e como evitalos

Este tipo de perforacións están de moda, pero non son inofensivas, poden causar numerosas complicacións e lesións

Un estudo busca atopar a relación entre e a saúde bucodental e a do resto do corpo

A Fundación Clínica Pardiñas busca pacientes con periodontite para participar nun traballo sobre a eficacia de diferentes enxaugues bucais para a súa prevención

Branqueamento dental: todo o que precisas saber para branquear os dentes

É un dos recursos estéticos máis sinxelos e conservadores, aínda que o que realmente afectado é a dentina ou capa intermedia