O sorprendente vídeo do polbo Dumbo nas profundidades do Pacífico

No fondo das augas do Océano Pacífico, fronte ás costas de California, os científicos mariños tiveron a sorte de captar unha imaxe rara e marabillosa: un polbo Dumbo en acción.

Non é doado ver polbos Dumbo (Grimpoteuthis ); viven moi por baixo da superficie do océano. Por sorte, existen vehículos subacuáticos operados a distancia, como o ROV Hercules, que actualmente explora o monte submarino de Davidson, un volcán extinto no Santuario Nacional Mariño da Baía de Monterey.

Publicidade

As imaxes, tomadas pola cámara de alta resolución amosan detalles extraordinarios do cefalópodo mentres vira e xira. A maioría das especies de polbo Dumbo son moito máis pequenas que esta, que tiña ao redor de 60 centímetros de longo. Polo xeral, chegan a aproximadamente 20-30 centímetros.

A gravación foi realizada a 3,2 quilómetros de profundidade, nunha rexion que se coñece como un oasis, unha especie de xardín de augas fondas repleto de corais e esponxas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.