Así son os pirosomas, unhas abraiantes estruturas submarinas

É un fenómeno tan estraño e abraiante que foi bautizado como “o unicornio do mar“. Pero é real. Aparece descrito en manuais de zooloxía desde, polo menos, o século XIX. E non é unha criatura, senón centos ou miles delas unidas. Os pirosomas (levan o prefixo ‘piro-‘ pola particular luz que chegan a desprender ás veces) son enormes colonias de organismos minúsculos que se asocian ata formar estruturas con aparencia de verme que poden acadar máis de 10 metros de lonxitude. Ao asociarse, é máis sinxelo captar alimento en suspensión na auga e moverse a mercé das correntes.

Estes días, os pirosomas correron polas redes sociais despois da difusión dun vídeo no que uns buceadores que se mergullaron en augas de Nova Celandia atoparan unha estrutura esponxosa e de cor rosada. Quen a viu de preto e a puido tocar di que é “como unha esponxa ou unha boa de plumas exquisitamente suave”.

Os pirosomas e a guerra de Vietnam

Arredor dos pirosomas hai lendas e mesmo teorías ben curiosas. Unha delas propón que foron os causantes indirectos da entrada dos Estados Unidos na Guerra de Vietnam. Durante o célebre incidente de Tonkin – un suposto ataque nunca demostrado por parte de Vietnam do Norte que acelerou a intervención ianqui – contra militares estadounidenses, os radares americanos detectaron unhas anómalas sinais que parecían ser torpedos, pero que en ningún caso chegaron a impactar cos buques. Segundo recollía The Atlantic o ano pasado, o biólogo mariño Todd Newberry propuxo que estas formacións eran en realidade colonias de pirosomas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.