Xoves 25 Abril 2024

Os nenos do ‘Álvaro Cunqueiro’ van ao quirófano en descapotable

Chegan os coches eléctricos ás unidades de Pediatría dos hospitais galegos, unha iniciativa que está de moda en medio mundo para reducir o estrés dos máis pequenos ante a súa hospitalización.

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo dispón xa destes pequenos descapotables para trasladar aos nenos dentro do centro ás súas citas cirúrxicas ou co fin de realizarlles probas diagnósticas. Algúns dos máis pacientes máis pequenos probaron onte estes vehículos de xoguete teledirigidos, que foron doados pola cafetería do hospital, Apetéceme, segundo indicaron fontes da área sanitaria de Vigo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como de accesible é a rúa na que vives? Compróbao neste mapa

A aplicación 'City Access Map' permite comprobar que servizos están a menos de 15 minutos camiñando nas cidades e areas metropolitanas de Vigo e A Coruña

Sanidade intensifica a vixilancia da tosferina, con 241 casos no que vai de ano

A maior concentración de diagnósticos actuais dáse en idades escolares, sobre todo na franxa de 10-14 anos

O Sergas inicia un programa piloto de cribado de cancro de pulmón

A proba vai dirixida a persoas de alto risco de entre 55 e 74 anos que sexan grandes fumadoras ou deixaran o hábito hai menos de 10 anos

O Simposio Nacional de Oncoloxía de Precisión insta ao impulso da terapia en Galicia

O evento acolle en Vigo a máis de 40 expertos os días 22 e 23 de febreiro