Grandes días para observar arroaces (Tursiops truncatus) ou golfiños comúns (Delphinus delphis) nas rías galegas. Así o amosan os novos vídeos do BOTTLENOSE DOLPHIN RESEARCH INSTITUTE – BDRI, unha organización que monitoriza aos mamíferos mariños nas augas de Galicia. O espectáculo regresa entre bateas ás rías de Arousa e Vigo como observamos nestes audiovisuais.