O vigués Jorge Candán, campión do mundo de vídeo submarino

A súa obra 'The Return' amosa a beleza dos fondos mariños e reflexiona sobre os riscos dunha extinción masiva da vida na Terra

O documentalista Jorge Candán (Vigo, 1968) gañou o Campionato do Mundo de Vídeo Submarino celebrado en Tenerife cunha audiovisual que reflexiona sobre como sería o noso planeta dentro de mil anos, tras producirse unha extinción masiva da súa vida e a desaparición da especie humana.

Fotógrafo e documentalista submarino, Candán conta con numerosos galardóns nacionais e internacionais na súa extensa carreira. Un dos últimos foi o Campionato de España de Vídeo Subacuático CEVISUB 2017 pola obra ´Eu teño un soño´, que asinou xunto a Pilar Barrros.

Tamén gañou tres galardóns de ouro no Festival de Cinema Submarino de San Sebastián en anos diferentes. “Prometeo encadeado”, “Mar de estrelas” ou “Mar dun bosque encantad” son algúns dos seus traballos máis espectaculares. Moitos deles gravados nos fondos mariños das rías galegas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.