O vídeo do espectacular ‘triple salto’ de tres baleas

Un grupo de turistas tivo a fortuna de presenciar un gran evento, ao ver desde un cruceiro  tres baleas elevarse preto da costa canadense. O barco cargado de turistas foi tomado por sorpresa cando tres baleas xibardo “voaron” cara ao ceo nas augas de Nova Escocia antes de volver caer, segundo informou Daily Mail.

Aos poucos segundos de comezar o vídeo, escóitase berrar con entusiasmo: “Será un chimpo triple!” unha e outra vez. Os que estaban no bote non poden facer outra cousa que animar, gritar e aplaudir mentres observan a natureza na súa expresión máis sorprendente.

Publicidade

A balea xibardo vai dos 16 metros de longo nos machos aos 17 nas femias. Pesan aproximadamente unhas 40 toneladas, o que xustifica o estrondo que fan cando saltan sobre o mar. Trátase dunha especie protexida dende 1967 e, segundo estimacións de 2008, quedan no mundo entre 30.000 e 65.000 exemplares.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.