En GCiencia, presentamos en galego o espectacular vídeo da NASA, que nos permite sobrevoar o noso satélite natural grazas ás imaxes tomadas no outono de 2011 pola misión Lunar Reconnaissance Orbiter ( LRO).
O percorrido, difundido pola axencia espacial esta semana, visita unha serie de sitios de interese elixidos para ilustrar a variedade de características do territorio lunar.
Algúns están ao lado visible do satélite e son familiares para os observadores profesionais e afeccionados na Terra, mentres que outros só se poden ver claramente dende o espazo. Algúns son grandes e vellos (o Mare Orientale, Conca Aitken), outros son máis pequenos e máis novos (cráter Tycho, meseta Aristarchus).