O espectacular festín dun cento de delfíns en augas de Galicia

Un vídeo espectacular que documenta unha escena masiva de caza no mar de Galicia. Os autores do vídeo son os investigadores do BOTTLENOSE DOLPHIN RESEARCH INSTITUTE – BDRI, que gravaron estas imaxes nas que un cento de delfíns, xunto con outros depredadores, se botan sobre un cardume de peixe.

Así é a narración que eles mesmos fixeron neste vídeo que compartiron en redes sociais:

Publicidade

“O noso equipo de investigación vén de documentar por primeira vez en augas galegas unha loita pola supervivencia convertida nun espectáculo da natureza. En poucas ocasións pódese estar tan preto dun evento tan extraordinario e único na natureza, asistindo ao ciclo da vida do océano.

Nesta coreografía, os protagonistas son os centos de depredadores que acoden a alimentarse dunha inmensa masa de peixes de nome xenérico “lanzón” que cruzan as nosas augas para alimentarse e con dirección a augas máis fr`´ias do norte.

Aquí non hai crocodilos, leóns nin gacelas, pero si centos de gaivotas, pardelas, alcatraces, quenllas, atunes e golfiños que aproveitan a presenza do lanzón para darse un festín. Os golfiños comúns son os causantes de que unha simple migración se converta nun espectáculo da natureza e son os responsables de que centos de depredadores aprovéitense da súa estratexia de caza.

Os golfiños en realidade empregan unha técnica de “ pastorear” parte do cardume de lanzón en grupos densamente compactos, chamados “bólas de carnada”. Ao traballar en conxunto baixo a auga, os golfiños empuxan á bóla de carnada cara á superficie, facendo remuíños, xiros e nadando baixo o cardume mentres que desde o aire as aves mariñas se botan sobre os peixes”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.