O abraiante brillo do Falcon 9

Os habitantes de California e o noroeste de México puideron gozar na madrugada dun espectáculo que, en algúns casos, mesmo xerou preocupación, pensando que se trataba dun obxecto non identificado. A razón de semellante brillo no ceo foi un novo lanzamento do foguete Falcon 9, da empresa Space X. Por primeira vez, o foguete aterrizou con éxito na costa de California, ás 4.40 da madrugada, segundo a hora española. É a 12ª vez que o Falcon 9 toma terra, e o voo número 62 deste aparello.

O brillo debeuse á interacción dos gases de escape do Falcon 9 coa atmosfera, foi captado por numerosos fotógrafos e retratado tamén polos habitantes da zona. No vídeo que se pode ver sobre estas liñas, Jesse Watson realizou un ‘timelapse’ composto por 1.169 fotografías tomadas desde Imperial Sand Dunes, en California.

Publicidade

A bordo do Falcon 9 ía o satélite arxentino Saocom 1, que foi posto en órbita antes de que o foguete regresase á superficie terrestre.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.