A NASA grava un suposto ovni preto da Estación Espacial Internacional

Este vídeo dunha camiñada espacial o pasado 7 de outubro na Estación Espacial Internacional (ISS, nas súas siglas en inglés) está dando a volta ao mundo. O motivo: a aparición de súpeto dun obxecto voador non identificado (ovni) tras o módulo orbital.

Publicidade

O vídeo foi publicado pola propia NASA na súa canle oficial en Youtube para amosar a saída dos astronautas Reid Wiseman e Alexander Gerst para arranxar un problema eléctrico que afectaba á ISS. De súpeto, no minuto 1:48, e até o 1:52, se pode observar na imaxe un obxecto suspendido ao fondo da imaxe que xa non se volta a ver máis polos planos ofrecidos pola NASA. Esta imaxe dun suposto ovni causou un importante debate arredor do mundo sobre a orixe e natureza dese obxecto. Mesmo o xornal británico Daily Mail atreveuse a apuntar que podería tratarse dunha das dúas naves de reabastecemento que visitou a ISS nesas datas, se ben matiza que semella moi lonxe como para estar conectado á estación espacial.

Outras teorías que circulan son que podería tratarse dun reflexo da cámara da Estación Espacial Internacional ou un escintileo da lente. Outros din que podería tratarse de reflexos de chatarra espacial ou outro de tantos obxectos espaciais que orbitan a Terra abandonados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.