Mike Hughes, un estadounidense que levaba varios anos recadando fondos a través de excéntricas campañas para demostrar que a Terra é plana, morreu este sábado no deserto de Mojave, en California, ao bater contra o chan o foguete co que se lanzara para demostrar os seus postulados. Hughes, alcumado “O Tolo”, estaba a gravar un documental para a canle Science Channel, propiedade de Discovery Channel, co que quería constar a teoría terraplanista. As autoridades xa abriron unha investigación para coñecer as causas do accidente do foguete, construído por Hughes e un compañeiro. Ao parecer, o paracaídas que incorporaba o aparello resultou danado no lanzamento.
Despois de coñecerse o falecemento, anunciado pola propia canle, algunhas das persoas próximas a Hughes expuxeron que non estaba realmente convencido da súa teoría terraplanista, senón que era un medio de propaganda para captar financiamento. Así, entre os seus apoios principais estaba o da Sociedade da Terra Plana (The Flat Earth Society), unha asociación que doou uns 17.000 dólares para o proxecto.
O obxectivo do foguete, construído polo finado na súa propia casa, era acadar os 1.500 metros de altura e demostrar desde alí que a Terra ten forma de disco.