Esta xente non está en perigo. O que aparece pola esquerda é a Lúa, ao lonxe. O satélite aparece moi grande porque o vídeo foi realizado a través dunha lente telescópica. Realmente, estase a mover máis a Terra, cuxo xiro provoca que a Lúa desapareza lentamente detrás do Teide, o volcán que é o cumio máis elevado das Illas Canarias e do territorio español. A xente que aparece na imaxe está a 16 quilómetros do obxectivo de Daniel López, o astrofotógrafo que gravou estas imaxes. Estas persoas están mirando cara o lugar onde está a cámara porque contemplan a posta do Sol, situado ás costas do fotógrafo.
Non é unha coincidencia que a Lúa chea se poña xusto no momento do solpor, xa que o Sol sempre está no lado oposto do ceo en relación ao satélite cando está na fase de Lúa chea. O vídeo realizouse preto do Teide durante a coñecida como Lúa de Leite. E non é un timelapse: grazas ao teleobxectivo, foi posible captar a tempo real este fermoso fenómeno da posta de Lúa.