Lóstregos vistos desde o espazo

Os lóstregos que iluminan o ceo da Terra tamén poden ser vistos desde o espazo. A Axencia Espacial Europea (ESA) montou este vídeo timelapse con 49 imaxes captadas por un astronauta a 400 km de altitude, no que se amosa como se ven as tormentas eléctricas desde a Estación Espacial Internacional, que viaxa a 28.800 km/h. As imaxes foron tomadas no ano 2012 e publicadas hoxe pola ESA.

Para poder capturar con nitidez as imaxes usouse un pequeno módulo chamado Nightpod camera aid que permite compensar o movimeento e tomar fotos enfocadas coa cámara. Os astronautas só teñen que incorporar ó ordenador deste trípode motorizado as coordeadas e, unha vez calibrado, o Nightpod segue o obxectivo para que non se produza o desenfoque de movemento.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.