Xoves 28 Marzo 2024

Loiba e O Picón: centos de millóns de anos diante dos teus ollos

O proxecto Xeoclip percorre este tramo litoral de Ortegal, con arcos, farallóns, coídos e deslizamentos de gran relevancia xeolóxica

A costa de Ortegal acolle algunhas das estruturas xeolóxicas máis relevantes da península ibérica. Unha importancia que se pon de manifesto no proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal, que abrangue unha área de 630 quilómetros cadrados do nordeste da provincia da Coruña. A zona conta con paraxes que, nalgúns casos, se converteron en fervedoiros de visitantes a través do seu impacto nas redes sociais, como é o caso do cantil de Loiba. Esta zona de cantís, xunto á do Picón, é o escenario do novo vídeo do proxecto de divulgación Xeoclip, que aborda a vista de paxaro o proceso de centos de millóns de anos que foi modelando estas rochas ácidas e metamórficas.

Tal e como explican os impulsores de Xeoclip, esta zona de Loiba e O Picón é unha “costa agreste, onde bate o mar e a ondada con moita forza”, e na que se poden albiscar aos lados os cabos de Ortegal e Bares. “Nun pequeno percorrido duns 7 quilómetros pódense divisar diferentes formas e estruturas propias dunha paisaxe litoral de cantís no que alternan os arcos, farallóns, praias, plataformas litorais, coídos, cons, derrubamentos e deslizamentos de ladeira”, explican.

Publicidade

A viaxe polas praias galegas que estás desexando facer

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UVigo reivindica no Día Mundial da Auga a importancia do seu acceso universal

A universidade impulsa a concienciación través dunha serie de pódcast con nenos e nenas e dun concurso escolar de microrrelatos
00:03:09

As patacas teñen lingua propia: o vídeo dunha galega finalista nun certame de divulgación

A investigadora da Misión Biolóxica de Galicia Lucía Martín Cacheda presenta unha peza audiovidual sobre a comunicación química das plantas

A eternidade por fin comeza un luns

Artigo gañador da VI edición do IGFAE C3, o concurso de comunicación científica do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías
00:05:26

Gciencia fai 10 anos

O portal da ciencia culmina dez días de celebracións polo seu décimo aniversario