Martes 16 Abril 2024

La Palma, unha erupción que pasará á historia

Cúmprense seis semanas desde que se abriu o volcán de Cumbre Vieja; así se está a vivir a erupción máis seguida da historia das Canarias

O 19 de setembro abriuse, despois de 50 anos sen producirse erupcións, un novo volcán en terra firme nas Illas Canarias, tamén na illa de La Palma. E está a ser, aínda que afortunadamente aínda non causou vítimas mortais, o máis destrutivo en termos materiais nas erupcións históricas das que se ten coñecemento no arquipélago. Desde aquel día, case 1.000 hectáreas de terreo e máis de 2.000 edificacións e explotacións agrícolas quedaron cubertas polas miles de toneladas de lava que abrollan, case sen tregua, desde o volcán de Cumbre Vieja.

É un fenómeno sen precedentes, sobre todo, porque é o primeiro que se produce nas Canarias na era das telecomunicacións. Un gran dispositivo de investigación e seguimento do proceso, acompañado por enormes recursos técnicos, está a cartografar con gran detalle a erupción. Neste vídeo contamos algunhas das claves da erupción.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Así soa a erupción dun volcán dende o espazo

A ESA publica unha sonificación da erupción máis grande do século XXI, a do volcán Hunga Tonga-Hunga Ha'apai hai agora un ano

Que nos ensinou a erupción de La Palma un ano despois

Faise un ano dende que o volcán de Cumbre Vieja comezou a expulsar lava cara ao exterior e non rematou ata varios meses despois

Un proxecto con participación galega estuda os efectos na saúde da erupción da Palma

O profesor da USC Alberto Ruano liderado o estudo, que se centra no impacto que o suceso está a ter en 2.000 persoas e durante os próximos cinco anos

Unha imaxe do volcán da Palma gaña un concurso fotográfico da NASA

As galardoadas no Torneo da Terra asocian as imaxes dos satélites cos catro elementos da natureza: terra, auga, aire e lume