Sábado 20 Abril 2024

O momento exacto da explosión do Stromboli

Unha cámara web situada preto do volcán capturou o momento no que toneladas de cinzas, lava e rochas saíron disparadas cara ao exterior

Tan estudado e coñecido é o volcán Stromboli que mesmo dá nome a un tipo de erupción: a estromboliana, caracterizada por explosións de pouca duración, e pequenas respecto a outros tipos de erupcións, seguidas de períodos de calma de extensión variable. Volveu acontecer este mércores, cando a media tarde se rexistrou no cráter un forte estourido que causou polo menos un morto e un ferido. Uns danos persoais que puideron ser maiores, debido á violencia do suceso, e ao coincidir coa época de alta afluencia turística.

Segundo o Instituto Nacional de Xeofísica e Vulcanoloxía (INGV), as dúas principais explosións producíronse ás 16.46 horas do mércores, e estiveron precedidas de varios derrames de lava procedentes de varias das bocas do cráter.

Publicidade

Foron moitas imaxes que chamaron a atención, pero sen dúbida a máis sorprendente foi a captada por unha cámara web que emite en directo desde preto do cráter do Stromboli. No vídeo que se pode ver ao comezo da información, é posible contemplar o momento exacto da explosión; a cámara queda practicamente tapada por unha nube de cinzas e, aos poucos segundos, albíscase a lava proxectada cara ao exterior. Non en tanto, o material incandescente provocou varios incendios nas abas do volcán durante as horas seguintes.

Houbo máis rexistros de imaxes espectaculares. Outra cámara capturou en varios fotogramas a secuencia da explosión, con piroclastos caendo no mar desde os máis de 900 metros de altitude do cráter.

Un día despois do estourido, o Stromboli volve amosar unha relativa calma, aínda que o cráter segue fumegando, como se pode ver nestas imaxes, tomadas ás 16.30 horas do xoves.

Imaxe do Stromboli 24 horas despois da explosión. Fonte: skylinewebcams.com.
Imaxe do Stromboli 24 horas despois da explosión. Fonte: skylinewebcams.com.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da Academia

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

A ciencia confirma que as apertas alivian a dor, a ansiedade e a depresión

Un equipo internacional analiza os beneficios do contacto físico nas persoas a partir da revisión de 212 estudos