Venres 29 Marzo 2024

Este eixo que nos confunde, mellor ilusión óptica do 2019

Esta ilusión imponse no certame que organiza na Universidade de Nova York a neurocientífica galega Susana Martínez-Conde

A mellor ilusión óptica do ano 2019 é a que podemos ver neste vídeo. Trátase do ‘eixo dual’, que según como o observes semella xirar nun eixo vertical ou nun eixo horizontal. Esta ilusión obtivo o primeiro premio no The Illusion Of The Year Contest, certame mundial que organiza a neurocientífica galega Susana Martínez-Conde, directora do Laboratorio de Neurociencia Integrativa na Universidade do Estado de Nova York.

A ilusión gañadora é obra de Frank Force, desarrollador de videoxogos estadounidense. No vídeo vese como a figura xira arredor do seu eixo vertical e tamén do horizontal. Para facer as cousas aínda máis confusas, a dirección da rotación tamén é ambigua e, por exemplo, parece virar cara á dereita ou cara á esquerda. Hai pistas visuais no vídeo que axudan a cambiar a percepción do movemento.

Publicidade

O vídeo xoga co fenómeno de que o noso cerebro tende a inferir unha terceira dimensión a partir dunha información bidimensional. E, como a información que nos achega a imaxe é escasa, o resultado é que podemos interpretar a imaxe de diferentes xeitos. O fenómeno non é moi diferente ao que facemos diariamente para inferir volume nos obxectos, ás veces empregando a perspectiva ante unha fotografía ou un debuxo de dúas dimensións. No caso que nos ocupa, non existe ningún movemento de rotación do debuxo en absoluto en ningunha dirección.

E esta ilusión do movemento dunha pintura dun barco na tormenta quedou finalista no mesmo certame:

Este barco nunha tormenta non se move: unha incrible ilusión óptica

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O eixo da Terra inclínase case 80 centímetros pola extracción de auga subterránea

A redistribución humana da auga existente baixo a superficie terrestre provoca que o planeta se desvíe máis do normal

A ilusión óptica do buraco negro que parece saír da imaxe

Unha nova investigación amosa unha ilusión óptica que engana ao ollo...

Esta ilusión óptica revela se tes cegueira á curvatura

Que ves na imaxe? Todas as liñas onduladas son iguais? Ou algunhas esquinas son máis pronunciadas ca outras en función da área?

Un estudo revela por que nos engana esta ilusión óptica

O novo traballo conclúe que o noso cerebro ten de xeito innato un mecanismo para identificar o brillo e a luminancia