Como sería a Terra se fose un satélite de Xúpiter

Este vídeo amosa o ceo terrestre co gran xigante gasoso por riba das nosas cabezas

Así sería o ceo da Terra se fose un satélite do planeta Xúpiter. O xigante gasoso aparecería inmenso sobre o horizonte. A montaxe foi feita por un astrónomo afeccioado, cunha técnica similar á que emprega Nicholas Holmes para substituir a Lúa polos planetas do Sistema Solar.

Unha das cuestións máis interesantes destes vídeos é que, se Xúpiter, Saturno, Urano ou Neptuno aparecesen no lugar da Lúa, a Terra mesma pasaría a ser unha das lúas dese planeta. E iso tamén sería catastrófico. A brutal atracción gravitacional de Xúpiter racharía a codia terrestre e provocaría que todo o noso planeta entrase en erupción simultáneamente. Así que será mellor que sigamos como estamos… simplemente coa Lúa por riba das nosas cabezas.

Vídeo: así se verían os planetas se substituísen á Lúa

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.