Venres 19 Abril 2024

Chega o robot de Boston Dynamics que pastorea ovellas e dá sulfato

O novo droide está a ser deseñado para o agro e volve sorprender pola súa axilidade e adaptación a todo tipo de terreos

Os abraiantes robots de Boston Dynamics seguen a sorprender pola súa habilidade de movementos. E agora chegan cunha nova función: pastorear ovellas, dar sulfato ás vides ou facer outras labores agrícolas.

O vídeo foi creado pola firma de software de robótica Rocos, que está a traballar con Boston Dynamics para explorar como se pode controlar de forma remota a súa colección de droides. A idea é que robots como o deste audiovisual poidan traballar no campo de xeito remoto mentres os seus donos están na casa.

Publicidade

“Para os agricultores, iso podería significar que un robot monitoree os campos durante todo o día, controlando o crecemento dos cultivos ou a maduración da froita, todo mentres se opera de xeito remoto”, explican en Boston Dynamics. Bots como estes poden camiñar, rodar ou mesmo voar, e tamén poden estar equipados con todo tipo de sensores para avaliar a contorna que os rodea.

“Os nosos clientes están a aumentar a súa forza de traballo humana para automatizar procesos físicos que a miúdo son aburridos, sucios ou perigosos”, explica o CEO de Rocos, David Inggs.

Os cans-robot de Boston Dynamics xa saben abrir portas

Estes robots,que tamén poden traballar en equipo, utilizan cámaras e sensores integrados para determinar onde están e cara a onde van, con instrucións preprogramadas por operadores humanos. E a característica principal deles a súa axilidade: esas catro patas flexibles permiten que cubran todo tipo de terreo.

Polo que vemos no vídeo, semella que aínda non teñen a velocidade dun can pastor. Pero en Boston Dynamics están convencidos de que remataremos por ver os seus robots nas nosas leiras: “A automatización da agricultura está a cambiar a forma en que traballan os labregos, aumentando a eficiencia da produción mundial de alimentos para unha poboación humana cada vez maior”, afirman no vídeo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Realizan o primeiro transplante de pulmón completamente robótico sen abrir o tórax

Os órganos foron substituídos pola parte inferior do esterno, o que permite realizar unha incisión tres veces máis pequena da habitual

Un robot permite que persoas con mobilidade reducida ‘tele-camiñen’ a Compostela

O grupo atlanTTIc, da UVigo, colabora nunha iniciativa impulsada pola empresa Cisco para recaudar fondos na loita contra o cancro

Un robot para previr o illamento na aula dos nenos con doenzas graves

Un consorcio internacional no que participa a USC proba un sistema de telepresenza na aula para cativos en períodos de convalecencia

Un robot gardián no campus de Vigo: a proba piloto dunha rede 5G ultraavanzada

A Universidade participa no impulso dunha tecnoloxía única en Europa, con latencia moi baixa e extrema velocidade na fluidez dos datos