Xoves 28 Marzo 2024

Captan o raio verde no solpor das illas Cíes

Benjamín González é o autor das imaxes nas que se observa o fenómeno durante uns segundos na ría de Vigo

O raio verde volveu coruscar nas illas Cíes co solpor deste domingo. Benjamín González captou este inusual fenómeno, que dura uns segundos xusto cando o Sol se oculta no mar, tal e como sinala O Tempo TVG, que compartiu as imaxes.


O fenómeno coñecido como raio verde adoita producirse xusto despois da saída do Sol ou antes do solpor. É debido a que en determinadas condicións a atmosfera produce un fenómeno de dispersión e difracción das ondas de luz que anula algunhas cores do espectro visible para os humanos, mentres que maximiza as ondas arredor dos 525nm, que se corresponden cos tons verdosos. É pouco habitual velo, e aínda menos retratalo. Artistas e escritores como Jules Verne (que lle dedicou un libro á súa procura) teñen moito falado sobre el. Tamén se mencionaba no filme Piratas do Caribe como unha especie de mito. O pasado verán a fotógafa afeccionada Sandra Sánchez xa captou o fenómeno coa súa cámara tamén nas illas Cíes:

Publicidade

Captan o raio verde nas Cíes no solpor máis tardío do ano

Hai outra variante, menos habitual, que é o raio azul ou violeta. Para observalo, é preciso que se maximicen só as ondas de luz arredor dos 450nm. Hai poucos documentos gráficos no mundo que amosen a súa presenza. Un deles foi captado hai tres anos en Galicia por Alfredo Madrigal nos cantís de Loiba. Do mesmo xeito que Sandra Sánchez, Madrigal non caera na conta de que vira este pouco habitual fenómeno ata que revisou o seu material.

O mítico raio azul, captado de novo desde A Lanzada

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150
00:03:35

A titánica loita dun polbo por sobrevivir ao ataque dun congro nas Rías Baixas

Un estudo describe as grandes habilidades destes moluscos para escapar e loitar contra os seus depredadores

A gran eclipse solar de abril: cando e onde vela en Galicia?

Este fenómeno astronómico será visible de maneira parcial no oeste da comunidade, especialmente na franxa atlántica da Coruña e Pontevedra

O mapa dos ‘químicos eternos’ en Galicia: ata 70 zonas sospeitosas de grave contaminación

Unha investigación europea sinala a presenza no continente destas substancias nocivas para o medioambiente e a saúde