Sábado 20 Abril 2024

Brutal explosión da nave de SpaceX deseñada para ir a Marte

O prototipo SN4 estourou nunha das súas probas, só unhas horas antes do histórico lanzamento da CrewDragon da mesma compañía con dous astronautas

Un mal día para un colosal accidente. Porque este venres estourou en Texas a nave espacial SN4, o prototipo co que o empresario multimillonario Elon Musk quere enviar ata 100 pasaxeiros á Lúa ou a Marte coa súa empresa SpaceX. A brutal explosión chega o día previo ao que ten que despegar outra nave da mesma compañía, a Crew Dragon, que levará dous astronautas á Estación Espacial Internacional, na primeira misión da NASA nunha década, despois de depender durante anos da tecnoloxía rusa, e das súas naves e lanzadores Soyuz, para subir ás súas tripulacións ao espazo. Non sabemos o que pensarían das imaxes os astronautas Robert Behnken, de 49 anos, e Douglas Hurley, de 53 anos, que embarcarán hoxe nunha nave da mesma compañía. Pero non semella unha experiencia agradable para eles ver este vídeo…

O estourido do prototipo chamado SN4 provocou unha  xigantesca bóla de lume arredor das 2:50 pm hora deste venres (20.50 en Galicia). Grazas á transmisión en vivo, cortesía de NASASpaceflight , podemos ver como a estrutura estala nas instalacións de proba de Space X en Boca Chica, no estado norteamericano de Texas.

Publicidade

En realidade, a explosión do foguete é un contratempo, pero se tratou dun evento controlado. Porque a nave xa resistira cinco incendios estáticos previos, o que significa un gran paso adiante na carreira de SpaceX para mellorar a nave espacial.

SN4 era o cuarto prototipo que empregaban para medir a resistencia deste novo tipo de naves espaciais de gran formato. SN1 fallou nunha proba crioxénica en febreiro e foi destruído, engurrándose como unha lata de refresco. Mentres que SN2 e SN3 tamén se destruíron por mor dun erro de configuración de proba. Así que este tipo de accidentes controlados achegan información a SpaceX para dar maior seguridade aos seus prototipos.

Ao principio, SN4 pareceu pasar a súa quinta proba de lume estático, pero minutos despois, comezou a aparecer unha grosa nube de gas saíndo da estrutura. Nin un minuto despois, o prototipo de foguete e a plataforma de lanzamento foron destruídos, deixando só restos. A causa exacta aínda se descoñece.

Perder SN4 é un revés para a compañía espacial dirixida por Elon Musk , pero non insuperable. “SpaceX chegou moito máis lonxe con SN4 que os vehículos anteriores, e SN5 parece estar listo para a proba “, escribiu o editor de espazo de Ars Technica Eric Berger nun tweet: “Isto é un revés dramático”, agregou Berger: “Pero é un proceso”.

O problema é que a imaxe dun foguete da compañía SpaceX estourando nunha brutal explosión non é a máis acaída, cando só restaban unhas horas para o histórico lanzamento dende Cabo Cañaveral da nova nave CrewDragon con dous astronautas, unha misión que foi abortada o pasado mércores polo mal tempo e que retomarán ás 21.22 horas deste sábado (hora de Galicia).

Cancelado o lanzamento da cápsula ‘Crew Dragon’ polo mal tempo

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Como lograr vivendas autosuficientes como a Estación Espacial Internacional

As casas do futuro tenderán a comportarse como un ser eficiente e autosuficiente, que trate de vivir en simbiose coa contorna natural