O incrible vídeo do bosque que “respira”

Imos camiñando polo bosque e, de súpeto, vemos que as árbores e o solo comezan a moverse cara a todos lados. Podemos pensar nun terremoto, mesmo en fenómenos sobrenaturais, pero a explicación é outra. Foi o que aconteceu no bosque de Sacré-Coeur, no Quebec en Canadá, segundo se puido ver nun vídeo que circulou estes días por todo o mundo.

A zona do bosque estaba vivindo un episodio de fortes precipitacións e ventos. E isto foi o que tivo que ver con este suceso. “Cando hai unha borrasca con vento e chuvias, o solo satúrase e perde ás veces a cohesión coas raíces mentres o vento zoa nas partes máis altas das árbores”, explicou ao portal The Weather Network o experto forestal Mark Vanderwouw. “O vento empurra ás arbores, e a forza transmítese as raíces; e se o solo non está consolidado, comeza a ‘respirar'”.

Engade este experto que, se os ventos fosen un pouco máis fortes, podería acabar acontecendo un fenómeno moito máis frecuente en Galicia: a rotura das raíces e a consecuente caída das árbores. “Se o vento sopra un pouco máis, ou é máis sostido, as raíces empezarían a fracturarse, e o solo podería crebarse, polo que as árbores caerían”, engade Vanderwouw.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.