Bioenxeñaría de Vigo preséntase en sociedade

O grupo de Bioenxeñaría e Procesos Sostibles da Universidade de Vigo vén de presentar este vídeo e de estrear páxina web para achegar o seu labor á sociedade. O traballo deste equipo do Departamento de Enxeñaría Química céntrase no deseño, optimización e innovación de procesos químicos, bioquímicos e medioambientais, con tres liñas de investigación principais: Tecnoloxías Ambientais, Biotecnoloxía e Química verde.

O equipo aplica tanto tecnoloxías biolóxicas como químicas á resolución de problemas da industria. Así, os seus membros contan cunha ampla lista de proxectos de I+D executados e teñen experiencias en transferencia tecnolóxica para empresas e catro patentes rexistradas.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.