Galicia viviu varias auroras polares nos últimos séculos. Hai documentos que constatan a aparición deste fenómeno na nosa historia. No século anterior, aconteceron en máis dunha ocasión. En plena Guerra Civil, no ano 1938, os veciños de Lalín observaron unha. Logo, no ano 1957, os científicos do Observatorio Astronómico de Galicia deron parte dunha aurora polar. Mais a última aurora data do ano 1989; así o proban as follas dos xornais.
As estatísticas indican que os galegos vivirán unha aurora por xeración. Ao paso que vamos, pode ser que se aveciñe unha pronto. De ocorrer, sería a aurora máis retratada da historia por mor das novas tecnoloxías. Porén, sería un suceso estraño tendo en conta a situación xeográfica de Galicia, pero non imposible.
Tamén podes ler:
Así se viviron as extraordinarias auroras boreais sobre Galicia