Xoves 28 Marzo 2024

Aterraxe e explosión do colosal foguete SN10 de Space X

No terceiro intento a nave de Elon Musk consegue pousarse en vertical despois de voar ata 10.000 metros, pero pouco despois se desintegra

O prototipo Starship de SpaceX, que debería levar humanos a Marte, aterrou este xoves con éxito en Boca Chica (Texas) tras un ascenso de 10 quilómetros, pero acabou estalando pouco despois de tomar terra. O modelo SN10 foi lanzado tras varios aprazamentos dende a plataforma de SpaceX en Texas e conseguiu ascender 10.000 metros en algo máis de catro minutos. Tal como estaba previsto, voou en horizontal, virou sobre o seu eixo e aterrou en vertical.

Con todo, e á espera de que SpaceX aclarei que puido suceder, o foguete explotou pouco despois de tocar terra nunha espectacular deflagración. Elon Musk, fundador da compañía que conseguiu utilizar comercialmente motores da primeira fase dun foguete que aterran en vertical, anunciou na súa conta de Twitter que o SN10 aterrara “dunha peza”, pero finalmente aconteceu o que el refire como “desensamblaxe rápida imprevista”.

Publicidade

Esta é a terceira vez que o Starship, unha versión moito máis complexa e con tres motores dos seus foguetes comerciais, tenta completar unha aterraxe en probas, pero é a primeira vez que a aterraxe se completa ata o punto de acadar o fito de que o foguete volva descansar en vertical. SpaceX espera realizar un voo con tripulación arredor da Lúa en 2023 e progresivamente avanzar ata poder levar humanos ao satélite natural da Terra. Tamén ten a vista posta en futuras viaxes tripuladas a Marte.

O colosal foguete SN10 da compañía Space X.

Musk estima que o desenvolvemento deste proxecto será duns 5.000 millóns, mentres que algúns expertos dubidan de que colonizar Marte sexa unha empresa viable.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo da UVigo demostra a viabilidade de ir a Marte con propulsión solar

Investigadores do campus de Ourense presentan o deseño preliminar dun satélite e proban a superiorade deste novo sistema

Unha paisaxe invernal en Marte? Esta imaxe demostra que non todo é o que parece

A misión espacial Mars Express ofrece unha espectacular fotografía do cráter Korolev para conmemorar os quince anos en órbita no planeta vermello

A Lúa non ten ceo

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de “E se estivésemos equivocados? E se a Terra...

Un equipo de Vigo busca solucións para colonizar a Lúa

Xunto con investigadores de Oviedo, realizaron ensaios nas covas volcánicas de Lanzarote pola sús analoxía coas cavidades lunares