Xoves 18 Abril 2024

Gravan en Arousa o ataque mortal duns arroaces contra un golfiño común

O BDRI do Grove difunde un vídeo que foi feito o pasado 12 de setembro na ría, e que acabou coa morte dun "Delphinus delphis"

Os animais mariños adoitan deixar estampas fermosas na costa galega, en forma de chimpos ou paseos que alegran a vista de quen ten a sorte de velos. Porén, a natureza moitas veces non é amable, e así se pode constatar nas imaxes difundidas este luns polo Instituto para a Investigación dos Arroaces (BDRI, polas súas iniciais en inglés) con base no Grove. O vídeo, gravado o 12 de setembro do pasado ano desde unha embarcación de recreo, amosa o ataque dun grupo de arroaces (Tursiops truncatus) a un golfiño común (Delphinus delphis).

Desde o BDRI están a analizar a secuencia para obter máis detalles sobre os feitos. O grupo de arroaces, composto por nove individuos (5 machos e 2 femias coas súas crías) foi observado polo equipo do Instituto durante varias horas, ata que se moveu cara a costa norte da ría de Arousa. Entón, cando se atoparon cun grupo de golfiños comúns, os arroaces “conseguiron illar a un golfiño común e agredilo de forma continuada durante 30 minutos”, segundo conta nas redes o BDRI.

Publicidade

O ataque foi fatal, xa que acabou co “desenlace do golfiño común aboiando na superficie, posiblemente morto por mor das agresións”. Un comportamento que, segundo os investigadores, “aseméllase moito aos casos de infanticidio estudados polo noso equipo en Galicia e as agresións de golfiños mulares cara ás marsopas no Reino Unido e California”.

O arroaz boto que morreu afogado cos raxos dun polbo

Por agora, as causas do ataque dos arroaces non se coñecen, aínda que desde o BDRI apuntan “á alta superposición das dúas especies dentro da ría observada neste período, o que resultaría nunha maior competición polos recursos alimenticios“. Alén disto, “os niveis elevados de testosterona nos machos durante o mes de setembro tamén poderían influenciar o comportamento dos individuos, ao ser estes, os machos, os causantes do maior número de agresións contra o golfiño común”, engaden os investigadores.

Este tipo de ataques entre especies non adoitan captarse, polo que o documento cedido ao BDRI por Francisco Redondo é dun importante valor científico. “É grazas a estas observacións casuais realizadas por amantes do mar que entre todos poderemos coñecer mellor este mundo mariño tan interesante como descoñecido”, conclúen.

Golfiños: conversas e infanticidio

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A rede ambiental máis grande do mundo declara as rías galegas como área importante de mamíferos mariños

A IUCN destaca o valor da poboación dos cetáceos que viven nas costas de Galicia, especialmente dos golfiños

De beber? Auga, pero que sexa reciclada, por favor

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de Quizais aínda non o saiba pero, do mesmo...

Unha nova metodoloxía de alta resolución cuantifica os micro e nanoplásticos na auga

A técnica identifica partículas plásticas extremadamente pequenas e os aditivos químicos que se liberan dentro das botellas

A Limia asfíxiase coa instalación de 42 pozos para regadíos: “Non hai auga, os ríos están secos”

Tres sociedades científicas presentaron alegacións contra o proxecto por poñer en risco a biodiversidade e o patrimonio natural