Venres 19 Abril 2024

Así mollou Galicia a primeira fronte do outono

As precipitacións achéganse aos 100 litros por metro cadrado, e queda por diante unha semana de choivas xeralizadas, sobre todo na parte oeste

A fronte fría que nestes días obrigou a activar avisos de nivel amarelo por precipitacións en Galicia está deixando xa os primeiros e importantes rexistros de auga en moitas partes da xeografía. Así se constata nos datos recollidos nas estacións de MeteoGalicia, e tamén no radar co que a axencia analiza os niveis de precipitación acumulados no territorio.

Nas imaxes pode verse como a auga chega desde o Atlántico para ir acumulándose de oeste a leste. As precipitacións chegaron a superar os 40 l/m2 en lugares como a Serra do Invernadoiro ou O Courel. Onte foron Entrimo (65,8 l/m2) e Fontecada, en Santa Comba (57,7 l/m2), os puntos de Galicia onde máis choveu.

Publicidade

A fronte segue nos próximos días

A predición adianta a que a fronte seguirá deixando chuvia e vento nos vindeiros días. Mañá pola tarde activarase un aviso amarelo de Corrubedo a Estaca de Bares por vento do sudoeste no mar que pode acadar forza 7, mentres que na Mariña de Lugo os ventos superarán os 80 km/h. Desde a medianoite do martes ao mércores o aviso amarelo por vento do mar estenderase a toda a costa de Galicia, e o de vento a todas as zonas próximas ao litoral entre Fisterra e Ribadeo. Do mesmo xeito, nas primeiras horas do mércores o nivel amarelo serán tamén por chuvias no oeste da provincia da Coruña, xa que poderían caer máis de 40 litros por metro cadrado en menos de 12 horas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204

Un potente anticiclón adianta o verán en Galicia con temperaturas por enriba dos 31 graos

As altas presións situadas sobre Francia están bloqueando a chegada de borrascas e atraendo aire cálido ao norte da península

Unha crista subtropical disparará as temperaturas en Galicia ata os 30 graos

A semana comeza con intensas precipitacións provocadas pola borrasca Pierrick pero un cinto de altas presións producirá un cambio radical de tempo a partir do mércores

Un tren de borrascas regará Galicia durante toda a semana

As precipitacións de principios de abril virán acompañadas dun importante ascenso térmico a partir do mércores