Venres 29 Marzo 2024

Así celebramos a Semana da Ciencia

Celebramos en Vigo a Semana da Ciencia. Con obradoiros escolares nos que participaron máis de douscentos alumnos de colexios da cidade, que descubriron os segredos naturais das illas Cíes e exploraron as súas alfaias submarinas da man do biólogo do CSIC Manuel E. Garci. Pola tarde, as charlas científicas abertas ao público en xeral correron a cargo do químico Antón Salgado, do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (CSIC) e de Francisco Rodríguez, do Instituto Español de Oceanografía (IEO). Dúas grandes xornadas para facer divulgación na Semana da Ciencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo do CSIC logra controlar unha doenza causante da extinción dos anfibios

Os investigadores aplicaron un funxicida agrario sen observar trazas do produto nin efectos significativos na química e bioloxía da auga

Zendal lanza a primeira vacina de tecnoloxía ADN contra a leishmaniose canina

‘Neoleish’ reduce a presenza do parasito en máis dun 90% e mellora os signos clínicos da doenza

Un composto natural reduce o impacto da seca e mellora a produtividade do tomate

Un equipo do CSIC e da UPV descobre como actúa o butanoato de hexenilo, un aroma que emiten estas plantas para resistir ás bacterias

Como usar datos históricos para a conservación de especies: así é a nova metoloxía con pegada galega

A UVigo e o CSIC proban un método en escaravellos coprófagos ibéricos que permite comprender a súa resposta a cambios ambientais