Xoves 25 Abril 2024

Así captou a NASA o vórtice polar dende o espazo

O instrumento AIRS do satélite AQUA reflicte a secuencia na que a masa de aire xélido avanza sobre o sur de Norteamérica

A invasión de Estados Unidos e Canadá polo vórtice polar foi captada dende o espazo polo satélite Aqua da NASA, entre o 20 ata o 29 de xaneiro. O medio oeste dos Estados Unidos foi afectado polas temperaturas máis baixas que viu en anos, que alcanzaron os 40 graos celsius baixo cero. Unha masa de aire ártico inusualmente fría que conxelou boa parte de Norteamérica.

Nas imaxes transmitidas polo instrumento AIRS (Atmospheric Infrared Sounder) as temperaturas máis baixas amósanse en púrpura e azul e van desde -40 graos a -23 graos Celsius. A medida que avanza a serie de datos, podemo ver como as áreas púrpuras máis frías da masa de aire se desprazan cara aos Estados Unidos, informa a NASA.

Publicidade

Os científicos tamén puideron comprobar que esta invasión de aire frío foi máis intensa que a rexistrada no2014. As imaxes constatan que o peor parte a levou a rexión dos Grandes Lagos, onde se atopa Chicago, a terceira cidade máis grande do país.

Con máis de 2.000 canles que detectan diferentes rexións da atmosfera, o sistema da NASA crea un mapa tridimensional global da temperatura e a humidade atmosférica, as cantidades e alturas das nubes, as concentracións de gases de efecto invernadoiro e moitos outros fenómenos atmosféricos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas
00:00:00

A NASA retransmite en directo a eclipse solar total

O fenómeno astronómico poderase desfrutar en México, Estados Unidos e Canadá, e en Galicia só de forma parcial

Un mapa da NASA alerta da subida do mar en Galicia e revela as zonas máis afectadas

Unha ferramenta dixital baseada nos datos científicos do Sexto Informe do IPCC ofrece unha proxección sobre as subidas do nivel do mar en todo o mundo ata 2150

Envía o teu nome a Xúpiter nunha misión espacial da NASA

Dende a axencia lanzarán unha botella que leva tamén un poema da escritora estadounidense Ada Limón