Así abre unha pa toneladas de neve nunha estrada nos Ancares

Os rescatadores interviron no camiño que vai de Campa da Braña ao refuxio do Club Ancares, onde se acumulou máis de metro e medio de neve

O camión pala, traballando nos Ancares para abrir a estrada ao refuxio o pasado día 12.

Un camión pa enfróntase a toneladas de neve para abrir unha vía nos Ancares. O vídeo, gravado dende o aire cun dron, foi publicado por Javier García González e compartido pola Cantina Mustallar.

As imaxes recollen o momento no que, o pasado martes 12 de xaneiro, o equipo de rescate abre a vía entre a Campa da Braña e o refuxio de montañeiros do Club Ancares. Varios vehículos quedaran atrapados pola neve, que alcanzou o medio e metro de altura, impedindo que puideran regresar os montañeiros que fixeran un roteiro cara aos Tres Bispos.

Galería: Galicia baixo o manto da neve e do xeo

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.